A profesora Monserrat Padrón Saco presentará o relato premiado no - Certame Internacional de Relatos A Farixa - “El milagro del abuelo” de Paloma Villar Urribari, que será a lectura para o mes de novembro.
Comentaremos, tamén, a Sección do blogue “Recomenda un libro” para recoller as suxestións dos membros do grupo e propoñer iniciativas.
Falaremos sobre a elección dos textos, a periodicidade das reunións e as novas do blogue “clubfarixa.blogspot.com.es”
Animamos pois a participar nesta actividade a comunidade educativa do centro.
“A mente aberta que forxa a lectura non deixa que calquera escrito penetre en nós de maneira transcendental, o ler moito permítenos filtros, información, sentimentos e enfoques.”