martes, 2 de maio de 2017

Xuntanza de maio de 2017

4 de maio, xoves, ás 11 da mañá na sala de xuntas do centro.
A nosa compañeira Susana Costoya vai a presentar o libro do mes "Llamando a las puertas del cielo" de Jordi Sierra i Fabra.
Esperamos vervos a todos!
Un afectuoso saúdo


Especial Letras Galegas 2017
Este ano o Día das Letras Galegas lembra a figura de Carlos Casares e o club de lectura acércase á súa figura. Foi profesor de ensino secundario, director da editorial Galaxia e deputado no Parlamento de Galicia. 
Carlos Casares - Club de Lectura. Maio 2017


 Mais a principal de todas as súas actividades foi a de ser escritor. Escribiu seis novelas, dous libros de relatos, varias biografías de persoas importantes na historia e literatura galegas e bastantes contos para nenos e nenas, entre os cales o máis famoso é A galiña azul. Tamén escribiu unha obra de teatro, As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, e miles de artigos para xornais e revistas.

Carlos Casares - Vida e literatura.
Damián Villalaín, amigo e colaborador de Carlos Casares, realiza neste libro un emocionante retrato de proximidade do escritor e editor 
 no Día das Letras Galegas de 2017.

Conversas con Ánxel Fole
Carlos Casares pregunta e Ánxel Fole responde. O resultado é abraiante: unha das personalidades máis fortes e ricas da Galicia do século XX dá as súas orixinais e particularísimas opinións sobre a literatura, a pintura, a violencia, a música, a gastronomía, a xente… Con imaxinación e agudeza, Fole non ten inconveniente en dicir o que pensa.