domingo, 2 de abril de 2017

Reunión de abril de 2017

6 de abril, xoves, ás 11 da mañá na sala de xuntas do centro.
Recuperamos unha frase soada de Pablo Neruda que nos serve de inspiración para o deseño do cartel do mes de abril: “Ler no século XXI”.
Os libros que máis che axudan
son aqueles que máis che fan pensar.
Un gran libro dun gran pensador
é un buque de pensamento,
cargado de beleza e verdade.
Cartel de abril de 2017
Patrick Rothfuss no club de lectura

Os distintos formatos nos que se editan os libros hoxe en día facilitan a lectura. Un libro electrónico ou unha tablet son ferramentas para poder gozar de calquera obra. Afortunadamente, a mocidade parece engancharse á lectura.
Sagas como “Harry Potter” ou “El nombre del viento” -da triloxía Crónica del Asesino de Reyes- provocaron que millóns de lectores novos comecen a gozar dunha novela que, con seguridade, levaralles a outras.


A obra seleccionada para este mes foi moi valorada na sección "Recomenda un Libro".
Falamos do libro “El nombre del viento” de Patrick Rothfuss. A obra publicouse en máis de trinta países e considérase o debut máis fulgurante en literatura fantástica dos últimos anos. Obtivo o Premio Quill ao mellor libro de literatura fantástica.


A nosa compañeira Sara Valiño vai a presentar esta novela. Unha incrible historia que nos mergullará nun mundo fantástico.

Esperamos vervos a todos!
Un afectuoso saúdo