xoves, 2 de marzo de 2017

Xuntanza de marzo de 2017

Reunímonos o próximo día 7 de marzo, martes, ás 11 da mañá na sala de xuntas do centro.
Coa primavera xa ás portas, presentamos o cartel para este mes de marzo, inspirado nunha frase da guionista e directora de cinema estadounidense "Nora Ephron".
Ler o é todo. Faime sentir que logrei algo, que aprendín algo, que son mellor persoa.


Cartel de marzo de 2017
Este mes a obra seleccionada alcanzou a maior puntuación da sección "Recomenda un Libro".

Estamos a falar do libro "Vestido de novia",
do escritor francés Pierre Lemaitre, que fai uns anos fíxose co máximo galardón literario do seu país: o premio Goncourt. Un premio que se outorga desde fai máis de cen anos e que obtivo grazas á súa novela "Nos vemos allá arriba".

Estudou psicoloxía, e dedicou gran parte da súa carreira á formación de adultos, ensinando diversos temas relacionados coa literatura. Ata que, definitivamente en 2006, centrouse na escritura como a súa única profesión. Conseguiu que varias das súas novelas se traducisen a decenas de idiomas, que só sete anos máis tarde recibiría ese prestixioso premio.
Pierre Lemaitre no club de lectura




A nosa compañeira Laura Nóvoa vai  presentar o libro e falaranos deste marabilloso thriller.

Esperamos vervos a todos!
Libros xa preparados.
Un afectuoso saúdo.