xoves, 2 de febreiro de 2017

Reunión de febreiro de 2017

O tema para a reunión de febreiro: “O valor das palabras”, que describe moi ben 
o novelista e poeta británico, galardoado co premio Nobel de literatura en 1983
William Gerald Golding.


“Hai que reivindicar o valor da palabra, que pode cambiar o noso mundo
aínda nesta época de satélites e computadoras”.


Nesta ocasión os nosos compañeir@s máis novos do club van dirixir a sesión e contarannos as impresións dos textos que estamos a ler. Unha charla que promete ser moi interesante. 
Seguro que teñen moitas cousas que dicir e achegar.

Falaremos tamén de cinema. Das obras seleccionadas polo club e que foron adaptadas ao formato da gran pantalla.

Quedamos pois para o próximo día 7 de febreiro, martes, ás 11 da mañá na sala de xuntas do centro.