luns, 2 de maio de 2016

Letras Galegas 2016

Este é un mes especial para o club, dedicándoo ás Letras Galegas, como recordo a todos os escritores en lingua galega e defensores da mesma.
Como vén sendo habitual, conxuntamente coa biblioteca do centro, preparamos un especial para as lecturas de maio e xuño.
Este ano, como xa sabedes, o protagonista é Manuel María, un dos escritores máis prolíferos, activos e comprometidos dos últimos tempos. Publicou máis dun milleriro de artigos xornalísticos, trinta ensaios, quince obras narrativas, e vinte pezas teatrais. Ten moitas obras aínda inéditas.



Antoloxía poética
O libro para os lectores que se queiran achegar por primeira vez á poesía de Manuel María e tamén aqueles outros que queiran revisitar poemarios lidos e poemas lembrados. O libro complétase cun limiar, escrito polo poeta e académico Darío Xohán Cabana, no que se estuda de maneira sintética e accesible a obra de Manuel María, os seus diferentes períodos, temas e aspectos formais.

As ribeiras son escuras 
Estes relatos escribíronse á marxe de modas e de modos de narrar que, por aquel entón, privaban na nosa literatura. Neles o autor procurou plasmar, na medida das súas posibilidades, os días e os traballos dos nosos labregos, tentando fuxir do costumismo, do realismo e do folclorismo, totalmente consciente de que ese mundo estaba moi ferido de morte e esborrallándose sen remedio.

Terra Cha 
Terra Cha, publicado por vez primeira en 1954, é sen dúbida un dos seus libros máis intensos e logrados, un sentido canto ós eidos da súa pequena patria luguesa onde os homes, a paisaxe, a palabra, o mundo todo acada unha dimensión íntima e poderosa.

Reunión de maio de 2016

Estimados compañeir@s do Club de Lectura A Farixa.

Unha vez máis reunímonos, como todos os primeiros de mes. Nesta ocasión, o vindeiro xoves 5 de maio, ás 11 da maná, na sala de xuntas de centro para repartir as lecturas seleccionadas.
Este mes coa marabillosa abra de Jordi Sierra I Fabra “Llamando a las puertas del cielo”

Silvia, estudante de Medicina, marcha á India para traballar como cooperante durante o verán nun hospital situado nun recóndito lugar lonxe do mundo. Ao facelo, oponse aos seus pais, ao seu noivo, e toma así, seguindo o seu instinto e o seu corazón, unha decisión que cambiará a súa vida e a súa forma de penar. Na India coñecerá a dor e o sufrimento dos que non teñen nada, pero tamén a alegría e a paz da súa conciencia, e vivirá dacabalo de dúas, senón de tres mundos…