sábado, 27 de febreiro de 2016

Fortuna

Fenomenal relato do noso compañeiro do club de lectura Rubén Mourille.
"Fortuna" é un relato de humor negro onde o olfacto da boa sorte e a torpeza da mala, ábrennos a porta para descubrir un inesperado e arrepiante misterio.

luns, 1 de febreiro de 2016

Pequenos libros para pensar en grande

Este mes de febreiro, dentro da campaña de animación á lectura que puxo en marcha o equipo de biblioteca do centro: “pequenos libros para pensar en grande”, o club de lectura seleccionou dúas novelas curtas:
“La perla” de Jonh Steinbeck y “Veronika decide morir” de Paulo Coelho.


Dámonos dous meses para poder escoller tranquilamente o bo momento para empezar cada título. Trátase dunha das moitas precaucións que tomamos para evitar deixar un libro a medias que non nos gusta a ninguén.


La perla · Jonh Steinbeck


Esta novela breve narra o achado dunha perla de incalculable valor e as consecuencias que carrexa a un modesto pescador, Kino, cuxo fillo foi vítima da picadura dun escorpión. Con todo, o interese desta novela reside no enfrontamento entre dous mundos, o dos ricos e o dos pobres, e no proceso de cambio nas relacións humanas en función da situación económica das persoas. Isto explica que sexa unha novela amplamente usada na escola para convidar á reflexión ética.





Veronika decide morir · Paulo Coelho


Verónica, unha moza completamente normal, non é feliz. Por iso, unha mañá de novembro, decide acabar coa súa vida. No seu camiño cara á morte, Veronika experimenta praceres novos e acha un novo sentido á vida, un sentido que lle permanecía oculto ata agora, cando talvez xa sexa demasiado tarde para botarse atrás.