domingo, 4 de decembro de 2016

Xuntanza de decembro 2016

Estimados compañeir@s:
Reunímonos o próximo día 5 de decembro, luns,
ás 11 da mañá na sala de xuntas do centro.

Os nosos compañeiros Rubén Mourille
e Montserrat Padrón realizarán os comentarios
das obras seleccionadas.

Esperamos vervos a todos!
Libros xa preparados.
Un afectuoso saúdo.

martes, 29 de novembro de 2016

Recomenda un libro. 2016-2017

Na líña do noso Club de recoller as suxestións dos membros do grupo e propoñer iniciativas. Abrimos novamente a sección “Recomenda un libro”.


¿Liches un libro e queres recomendalo? Deixa un comentario dando a túa opinión sobre libros, autores e películas baseadas en libros... Toda opinión é benvida, anímate.

Na próxima reunión comentaremos todas as recomendacións da sección.

luns, 7 de novembro de 2016

Inicio das actividades do Club de Lectura – 2016-2017

O día 3 de novembro o Club de Lectura iniciou as actividades para este curso 2016-2017 na sala de xuntas do CIFP - A Farixa.

Nesta primeira reunión, na que participaron alumnos e profesores da comunidade educativa, comentáronse diversos aspectos sobre a elección dos textos, a periodicidade das reunións e a posta en marcha do blogue “clubfarixa.blogspot.com.es”

O director do CIFP Don Miguel Reza Pérez sinalou a importancia desta actividade e manifestou o seu apoio a esta iniciativa, incluída no Plan de Fomento da Lectura do noso centro, que organizan os departamentos de biblioteca e dinamización da lingua galega.

O profesor Don José Antonio González Sánchez presentou o relato ganador do - Certame Internacional de Relatos A Farixa 2016 - “Factoría de historias” de Ainhoa Ollero que será a lectura para o mes de novembro. Comentou, tamén, a Sección do blogue “Recomenda un libro” para recoller as suxestións dos membros do grupo e propoñer iniciativas.

En novembro de 2014 iniciáronse as actividades do “Club de Lectura A Farixa”, para crear unha nova plataforma de debate, reflexión, fomento do há
bito lector e o intercambio de experiencias.

martes, 7 de xuño de 2016

Libros para o verán.

Vou atreverme a romper o xeo nesta sección recomendando uns libros. Recorda que esta lista é, como todas, sumamente discutible, profundamente alterable e irrefutablemente mellorable. 

Para deixarse atrapar pola intriga

Don Quijote.

Andrés Trapiello. O escritor adaptou o clásico de Miguel de Cervantes ao castelán actual. Nada de notas ao pé nin aclaracións; actualización e translación do relato de Cervantes á forma de falar de hoxe en día. Tan 'quijotesca' tarefa levoulle nada menos que 14 anos e só a primeira frase -" En un lugar de la Mancha, de cuyo nombre no quiero acordarme"- quedou intacta.







Para cando hai tempo de sobras para ler.

Suite Francesa.

O cinema devolveuna á actualidade máis recente, pero Suite francesa, de Irene Nemirovsky, está considerado desde hai anos un clásico da posguerra.
A obra sitúanos en París, días antes da invasión alemá. Un falso clima de normalidade camufla a incerteza dos seus cidadáns. Pronto chegan as bombas, a fuxida, a fame e as estratexias para esquivar todos estes perigos.








Para poñerse ao día.

La luz que no puedes ver. 


Avalado polo Premio Pulitzer de Ficción 2015 e pola bendición de 'The New York Times' como unha das 10 mellores novelas do ano, Anthony Doerr aborda na luz que non podes ver a Segunda Guerra Mundial a través da figura de dous mozos de bandos opostos. Este é o seu encanto: unha novela de personaxes que non xulga, porque non quere, os feitos históricos.






Para viaxar no espazo.

Solaris. 

Un texto hoxe en día considerado un clásico sen paliativos da literatura moderna. Kris Kelvin acaba de chegar a Solaris. A súa misión é esclarecer os problemas de conduta dos tres tripulantes da única estación de observación situada no planeta. Solaris é un lugar peculiar: non existe a terra firme, unicamente un extenso océano dotado de vida e presumiblemente, de intelixencia.







Para viaxar no tempo.

Leonora. 

Amor, desamor, amigos como Dalí ou Picasso, París e a súa volta a México...todo isto e máis se mestura nun libro onde o estilo xornalístico e o literario entrelázanse para atrapar ao lector. E conségueo.
Da amizade e admiración de Elena Poniatowska e Leonora Carrington xorde esta biografía. Nesta nova etapa dos movementos feministas, a muller valente, apaixonada e loitadora que representa Carringto.



O Club de Lectura clausura as súas actividades ata o novo curso.

Na última sesión falouse das Xornadas dos Clubs de Lectura que se van a celebrar o próximo 10 de xuño en Santiago. Charlamos sobre as lecturas do verán; Para viaxar no tempo ou no espazo, para poñerse ao día dos títulos dos que máis se falou durante o ano, para abordar aqueles que necesitan moitas horas por diante ou simplemente para gozar.
Reunímonos a primeira semana de cada mes para comentar, debater e compartir lecturas nun ambiente distendido. Este ano de lectura compartida foi unha experiencia moi gratificante, un gran aliciente esta actividade, que esperamos perdure moitos anos.

Así que vos desexo a tod@s,

un bo verán e felices lecturas!
Unha aperta.

luns, 2 de maio de 2016

Letras Galegas 2016

Este é un mes especial para o club, dedicándoo ás Letras Galegas, como recordo a todos os escritores en lingua galega e defensores da mesma.
Como vén sendo habitual, conxuntamente coa biblioteca do centro, preparamos un especial para as lecturas de maio e xuño.
Este ano, como xa sabedes, o protagonista é Manuel María, un dos escritores máis prolíferos, activos e comprometidos dos últimos tempos. Publicou máis dun milleriro de artigos xornalísticos, trinta ensaios, quince obras narrativas, e vinte pezas teatrais. Ten moitas obras aínda inéditas.



Antoloxía poética
O libro para os lectores que se queiran achegar por primeira vez á poesía de Manuel María e tamén aqueles outros que queiran revisitar poemarios lidos e poemas lembrados. O libro complétase cun limiar, escrito polo poeta e académico Darío Xohán Cabana, no que se estuda de maneira sintética e accesible a obra de Manuel María, os seus diferentes períodos, temas e aspectos formais.

As ribeiras son escuras 
Estes relatos escribíronse á marxe de modas e de modos de narrar que, por aquel entón, privaban na nosa literatura. Neles o autor procurou plasmar, na medida das súas posibilidades, os días e os traballos dos nosos labregos, tentando fuxir do costumismo, do realismo e do folclorismo, totalmente consciente de que ese mundo estaba moi ferido de morte e esborrallándose sen remedio.

Terra Cha 
Terra Cha, publicado por vez primeira en 1954, é sen dúbida un dos seus libros máis intensos e logrados, un sentido canto ós eidos da súa pequena patria luguesa onde os homes, a paisaxe, a palabra, o mundo todo acada unha dimensión íntima e poderosa.

Reunión de maio de 2016

Estimados compañeir@s do Club de Lectura A Farixa.

Unha vez máis reunímonos, como todos os primeiros de mes. Nesta ocasión, o vindeiro xoves 5 de maio, ás 11 da maná, na sala de xuntas de centro para repartir as lecturas seleccionadas.
Este mes coa marabillosa abra de Jordi Sierra I Fabra “Llamando a las puertas del cielo”

Silvia, estudante de Medicina, marcha á India para traballar como cooperante durante o verán nun hospital situado nun recóndito lugar lonxe do mundo. Ao facelo, oponse aos seus pais, ao seu noivo, e toma así, seguindo o seu instinto e o seu corazón, unha decisión que cambiará a súa vida e a súa forma de penar. Na India coñecerá a dor e o sufrimento dos que non teñen nada, pero tamén a alegría e a paz da súa conciencia, e vivirá dacabalo de dúas, senón de tres mundos…

luns, 4 de abril de 2016

Reunión de abril de 2016



Estimados compañeir@s do Club de Lectura A Farixa,

Reunímonos o próximo día 7 de abril, xoves, ás 11 da mañá na sala de xuntas do centro.
Falaremos das lecturas que estivemos lendo durante o mes de marzo e entregaremos o libro “Música de cámara” de Rosa Regás.

Música de cámara é a historia do amor de dous mozos que pertencen a mundos non só distintos, senón contrarios. E é, tamén, a historia do reencontro entre os dous amantes, no outono de 1984, durante unha longa noite na que se penetran nunha turbadora e lúcida reflexión sobre os anos transcorridos. «Unha poderosa historia de amor que denota un excelente oficio na elaboración do personaxe feminino protagonista e das diversas voces que o acompañan.

Nesta reunión daranse a coñecer as puntuacións que outorgamos aos libros da sección "recomenda un libro".


Non faltedes por favor. É importante a vosa presenza.

sábado, 27 de febreiro de 2016

Fortuna

Fenomenal relato do noso compañeiro do club de lectura Rubén Mourille.
"Fortuna" é un relato de humor negro onde o olfacto da boa sorte e a torpeza da mala, ábrennos a porta para descubrir un inesperado e arrepiante misterio.

luns, 1 de febreiro de 2016

Pequenos libros para pensar en grande

Este mes de febreiro, dentro da campaña de animación á lectura que puxo en marcha o equipo de biblioteca do centro: “pequenos libros para pensar en grande”, o club de lectura seleccionou dúas novelas curtas:
“La perla” de Jonh Steinbeck y “Veronika decide morir” de Paulo Coelho.


Dámonos dous meses para poder escoller tranquilamente o bo momento para empezar cada título. Trátase dunha das moitas precaucións que tomamos para evitar deixar un libro a medias que non nos gusta a ninguén.


La perla · Jonh Steinbeck


Esta novela breve narra o achado dunha perla de incalculable valor e as consecuencias que carrexa a un modesto pescador, Kino, cuxo fillo foi vítima da picadura dun escorpión. Con todo, o interese desta novela reside no enfrontamento entre dous mundos, o dos ricos e o dos pobres, e no proceso de cambio nas relacións humanas en función da situación económica das persoas. Isto explica que sexa unha novela amplamente usada na escola para convidar á reflexión ética.





Veronika decide morir · Paulo Coelho


Verónica, unha moza completamente normal, non é feliz. Por iso, unha mañá de novembro, decide acabar coa súa vida. No seu camiño cara á morte, Veronika experimenta praceres novos e acha un novo sentido á vida, un sentido que lle permanecía oculto ata agora, cando talvez xa sexa demasiado tarde para botarse atrás.