xoves, 12 de novembro de 2015

Lecturas compartidas

Este ano de lectura compartida foi unha experiencia moi gratificante para min. Levo xa moitos anos de lector afeccionado, e parecía que xa non había moito máis que descubrir, á parte dos moitos libros que, afortunadamente, xa se escribiron ou non deixan de escribirse. Pero si, había algo máis. O mesmo libro, as mesmas palabras e os mesmos personaxes suxiren a cada un de nós emocións moi diferentes. E iso chégase a saber a través da lectura compartida. Logo están eses libros aos que eu, por min mesmo, non me arrimaría xamais e que o Club permitiu chegar ás miñas mans. En fin, un gran aliciente esta actividade, que espero perdure moitos anos.

1 comentario:

  1. Non atopo a sección de "Recomenda un Libro" así que vou a usar este apartado para facer as miñas aportacións:

    "Tierra!". Autor Stefano Benni:
    Unha fantasía prodixiosa ambientada no ano 2157, un eloquecido sentido do humor e un ritmo trepidante centellean no libro, ¡Tierra!, que participa da ciencia-ficción, o thriller, a fábula moral, a sátira política, o cómic e a novela de aventuras.
    Editorial Anagrama 2002.

    "Siddharta" de Herman Hesse, escrita no 1922 despois da 1ª Guerra Mundial, narra a vida do fillo dun brahman hindú, Siddharta protagoniza unha continúa búsqueda da sabiduría, entendendo este concepto dentro da tradición oriental.

    ResponderEliminar