domingo, 22 de novembro de 2015

Recomenda un libro


Na líña do noso Club de recoller as suxestións dos membros do grupo e propoñer iniciativas. Abrimos a sección “Recomenda un libro”.

¿Liches un libro e queres recomendalo? Deixa un comentario dando a túa opinión sobre libros, autores e películas baseadas en libros... Toda opinión é benvida, anímate.


Na próxima reunión comentaremos todas as recomendacións da sección.

mércores, 18 de novembro de 2015

Inicio das actividades do Club de Lectura


No outono volve o Club de Lectura e así o pasado día 13 de novembro, ás 11:00 horas tivo lugar a primeira reunión deste curso 2015-2016 na sala de xuntas do CIFP A Farixa.

O director do CIFP D. Miguel Reza Pérez sinalou a importancia desta actividade e manifestou o seu apoio a esta iniciativa incluída no Plan de Fomento da Lectura do noso centro, cuxo obxectivo é ler, discutir e aprender dun libro.

Na reunión, na que participaron alumnos e profesores da comunidade educativa, comentáronse diversos aspectos sobre a elección dos textos, a periodicidade das reunións e a posta en marcha do blogue “clubfarixa.blogspot.com.es

En novembro de 2014 iniciáronse as actividades do “Club de Lectura A Farixa”, para crear unha nova plataforma de debate, reflexión, fomento do hábito lector e o intercambio de experiencias.

Benvidos amigas e amigos.

Amigas e amigos do club de lectura da Farixa, benvidos ao mesmo. Ler é un pracer e canto menos lese máis dano fai o que se le, polo tanto animarvos e gozar da lectura, non esquezades que un bo libro é aquel que se abre con ilusión e péchase con proveito.

xoves, 12 de novembro de 2015

O Club en Vimeo

O club de Lectura participou intensamente na edición 2015 de Relatos A Farixa, tanto no xurado coma na “Gala de entrega de Premios”.

Realizou vários entrevistas e curtos sobre os relatos premiados en 2014.
Representamos o relato "Aquella bella melodía, de Mary Santiago, con ilustraciones e animaciones.

https://vimeo.com/140779810

https://vimeo.com/135456396

Reunión de Novembro de 2015




Libro-Relato do mes “Siempre-Fresco" de Raúl Clavero Blázquez, Primeiro Premio do Concurso Internacional de Relatos A Farixa - Edición 2015.
O relato parece contar unha versión moderna de Frankenstein, pero no fondo, é unha metáfora do amor.
Raúl Clavero Blázquez.
Estudou filología hispánica na Universidade de Salamanca. Desde fai 10 anos traballou como guionista para diferentes productoras de televisión e gañou premios en diferentes certámenes literarios, tanto de guión como de relato breve.


Lecturas compartidas

Este ano de lectura compartida foi unha experiencia moi gratificante para min. Levo xa moitos anos de lector afeccionado, e parecía que xa non había moito máis que descubrir, á parte dos moitos libros que, afortunadamente, xa se escribiron ou non deixan de escribirse. Pero si, había algo máis. O mesmo libro, as mesmas palabras e os mesmos personaxes suxiren a cada un de nós emocións moi diferentes. E iso chégase a saber a través da lectura compartida. Logo están eses libros aos que eu, por min mesmo, non me arrimaría xamais e que o Club permitiu chegar ás miñas mans. En fin, un gran aliciente esta actividade, que espero perdure moitos anos.

Breve historia


Coa finalidade de estreitar relacións entre os distintos membros da comunidade e establecer diálogo ao redor dos libros, poñemos en marcha no curso 2014-2015 o Club de Lectura do CIFP - A Farixa, coa participación de todo a comunidade educativa.

Finalidades. Relación co Proxecto Lector de Centro e a Biblioteca Escolar.
  • O Club de Lectura está impulsado polos departamentos de biblioteca e normalización dá lingua galega. É unha actividade que pretende, dunha forma lúdica, amena e entretida, achegarnos ao mundo da literatura.
  • Dentro  das  actividades  de  animación  á  lectura  que  organiza  a  biblioteca  do centro, entre outras, realízase a maquetación e publicación, en papel e formato dixital, dos relatos premiados do Certame internacional de “Relatos A Farixa”.
  • O centro dispón dunha ampla colección de obras procedentes do certame internacional de relatos que organiza. Pretendemos que sexan as lecturas do club durante os primeiros meses, coas que intercambiamos sensacións e opinions sobre os textos lidos.
  • Na línea do noso Club de recoller as suxestións dos membros do grupo e propoñer iniciativas, contamos coa sección “Recomenda un Libro”. Para este curso,  poñemos en marcha o blog do Club: http://www.clubfarixa.blogspot.com.es