sábado, 12 de decembro de 2015

Nadal 2015

Este ano o Nadal cóllenos iniciando a lectura dun novo libro, así que, como comentamos na última xuntanza, tomarémosnolo con calma para os meses de decembro e xaneiro. Aínda así, podedes seguir deixando os vosos comentarios sempre que queirades e permítanvolo as ocupacións propias destas datas.

Aproveitamos para desexarvos a tod@s un FELIZ Nadal e un ANO 2016 pleno de cousas boas.
¡¡Que o pasedes moi ben!!

martes, 1 de decembro de 2015

Reunión de decembro de 2015

     
Estimados compañeiros do Club de Lectura A Farixa.
Unha vez máis reunímonos, como todos os primeiros de mes. Nesta ocasión, o vindeiro venres 4 de decembro, ás 11 da maná, na sala de xuntas de centro para repartir as lecturas seleccionadas.
Este mes con dúas marabillosas obras:
“Nos vemos allá arriba” de Pierre Lemaitre.
Convertida nun auténtico fenómeno editorial en Francia onde xa superou o medio millon de exemplares vendidos, esta novela é un emocionante canto á capacidade de superacion do ser humano e, á vez, un fresco e atrevido retrato dunha sociedade descomposta por un dos mais crueis inventos do home: a guerra.







“Cometas en el cielo” de Khaled Hosseini.
A trama transcorre "sobre o pano de fondo dun Afganistán respectuoso das súas ricas tradicións ancestrais" mentres durante o inverno de 1975 en Cabul "a vida desenvólvese con toda a intensidade, a puxanza e o colorido dunha cidade confiada no seu futuro e ignorante de que se aveciña un dos períodos máis cruentos que padeceron os milenarios pobos que a habitan".
A novela, que foi escrita en parte durante os sucesos do 11-S, converteuse nun fenómeno editorial que vendeu millóns de exemplares no mundo.

Relatos A Farixa 2015.
Nesta ocasión presentamos o Segundo premio "Cuenta atrás" de Jonatan Martínez Montiel.


A todos os que asististes ás reunións anteriores, MOITAS GRAZAS; Aqueles que non puidestes asistir por diversos motivos, pero que mostrastes interese en participar, invitámosvos á reunión deste mes na que presentamos dúas marabillosas obras. Na sesión de café intercambiaremos impresións sobre os textos lidos.

Moitas grazas a todos os que recomendades libros. As vosas suxestións son de axuda para mellorar a selección das lecturas do club.




Non faltedes por favor. É importante a vosa presenza.
Bo dia e feliz lectura.
Unha aperta!

domingo, 22 de novembro de 2015

Recomenda un libro


Na líña do noso Club de recoller as suxestións dos membros do grupo e propoñer iniciativas. Abrimos a sección “Recomenda un libro”.

¿Liches un libro e queres recomendalo? Deixa un comentario dando a túa opinión sobre libros, autores e películas baseadas en libros... Toda opinión é benvida, anímate.


Na próxima reunión comentaremos todas as recomendacións da sección.

mércores, 18 de novembro de 2015

Inicio das actividades do Club de Lectura


No outono volve o Club de Lectura e así o pasado día 13 de novembro, ás 11:00 horas tivo lugar a primeira reunión deste curso 2015-2016 na sala de xuntas do CIFP A Farixa.

O director do CIFP D. Miguel Reza Pérez sinalou a importancia desta actividade e manifestou o seu apoio a esta iniciativa incluída no Plan de Fomento da Lectura do noso centro, cuxo obxectivo é ler, discutir e aprender dun libro.

Na reunión, na que participaron alumnos e profesores da comunidade educativa, comentáronse diversos aspectos sobre a elección dos textos, a periodicidade das reunións e a posta en marcha do blogue “clubfarixa.blogspot.com.es

En novembro de 2014 iniciáronse as actividades do “Club de Lectura A Farixa”, para crear unha nova plataforma de debate, reflexión, fomento do hábito lector e o intercambio de experiencias.

Benvidos amigas e amigos.

Amigas e amigos do club de lectura da Farixa, benvidos ao mesmo. Ler é un pracer e canto menos lese máis dano fai o que se le, polo tanto animarvos e gozar da lectura, non esquezades que un bo libro é aquel que se abre con ilusión e péchase con proveito.

xoves, 12 de novembro de 2015

O Club en Vimeo

O club de Lectura participou intensamente na edición 2015 de Relatos A Farixa, tanto no xurado coma na “Gala de entrega de Premios”.

Realizou vários entrevistas e curtos sobre os relatos premiados en 2014.
Representamos o relato "Aquella bella melodía, de Mary Santiago, con ilustraciones e animaciones.

https://vimeo.com/140779810

https://vimeo.com/135456396

Reunión de Novembro de 2015




Libro-Relato do mes “Siempre-Fresco" de Raúl Clavero Blázquez, Primeiro Premio do Concurso Internacional de Relatos A Farixa - Edición 2015.
O relato parece contar unha versión moderna de Frankenstein, pero no fondo, é unha metáfora do amor.
Raúl Clavero Blázquez.
Estudou filología hispánica na Universidade de Salamanca. Desde fai 10 anos traballou como guionista para diferentes productoras de televisión e gañou premios en diferentes certámenes literarios, tanto de guión como de relato breve.


Lecturas compartidas

Este ano de lectura compartida foi unha experiencia moi gratificante para min. Levo xa moitos anos de lector afeccionado, e parecía que xa non había moito máis que descubrir, á parte dos moitos libros que, afortunadamente, xa se escribiron ou non deixan de escribirse. Pero si, había algo máis. O mesmo libro, as mesmas palabras e os mesmos personaxes suxiren a cada un de nós emocións moi diferentes. E iso chégase a saber a través da lectura compartida. Logo están eses libros aos que eu, por min mesmo, non me arrimaría xamais e que o Club permitiu chegar ás miñas mans. En fin, un gran aliciente esta actividade, que espero perdure moitos anos.

Breve historia


Coa finalidade de estreitar relacións entre os distintos membros da comunidade e establecer diálogo ao redor dos libros, poñemos en marcha no curso 2014-2015 o Club de Lectura do CIFP - A Farixa, coa participación de todo a comunidade educativa.

Finalidades. Relación co Proxecto Lector de Centro e a Biblioteca Escolar.
  • O Club de Lectura está impulsado polos departamentos de biblioteca e normalización dá lingua galega. É unha actividade que pretende, dunha forma lúdica, amena e entretida, achegarnos ao mundo da literatura.
  • Dentro  das  actividades  de  animación  á  lectura  que  organiza  a  biblioteca  do centro, entre outras, realízase a maquetación e publicación, en papel e formato dixital, dos relatos premiados do Certame internacional de “Relatos A Farixa”.
  • O centro dispón dunha ampla colección de obras procedentes do certame internacional de relatos que organiza. Pretendemos que sexan as lecturas do club durante os primeiros meses, coas que intercambiamos sensacións e opinions sobre os textos lidos.
  • Na línea do noso Club de recoller as suxestións dos membros do grupo e propoñer iniciativas, contamos coa sección “Recomenda un Libro”. Para este curso,  poñemos en marcha o blog do Club: http://www.clubfarixa.blogspot.com.es